Venres. 19.04.2024
El tiempo

Aprendendo coas novas tecnoloxías

Aprendendo coas novas tecnoloxías
Chegaron as novas computadoras do Proxecto Abalar ao cole dos Muíños

Así quedaron os pequenos do CEIP Os Muíños a pasada mañá do venres 7 de decembro á hora do recreo. Nin se lles ocorreu baixar ao patio, e todos quedaron abraiados xogando a facer puntos nas fraccións, operacións, problemas… do programa Testeando. É un dos xogos das 20 novas computadoras, unha por alumno de 5º, que vén de recibir a escola máis tecnolóxica da Costa da Morte a través do Proxecto Abalar. Parece que o Apalpador chegou antes de tempo este Nadal...

I é que xa hai tempo que o centro, un dos poucos da zona que utilizan a tecnoloxía na educación, solicitaron a creación dunha Aula Abalar, dentro do programa da Xunta de modernizar os centros de ensino. E finalmente foi concedida ao grupo de 5º de Primaria.

Xa non hai descanso, xa non hai recreos. Non levantan cabeza dos aparatos encantandos cos novos medios de aprendizaxe. Comezaron cunhas táboas de nomes, continuaron viaxando co "guguelmaps" e se sumerxinos nas mates e na lingua cun xogo tipo trivial, o Testeando.

"Pasárono como ananos", cóntanos a súa mestra Isabel Tomé, colaboradora desta casa que agardamos volva pronta aparacer na nosa pantalla. "E sen protestar a pesar de ter diante as operacións coas propiedades asociativa, conmutativa... Nada que ver coa cara que poñen cando lles toca o mesmo na libreta", recoñece entre risas, consciente de que a novidade tamén fai moito e que terá que se entregada a cinta gotas para non caer no aburrimento.

Así de atentos estiveron os alumnos do 5º de Primaria ás operacións de matemáticas coas computadoras da Aula Abalar

Pero ademais das computadoras, a Escola dos Muíños, a Escola 2.0, como lle chamamos aquí, tamén dá utilidade a outra ferramenta que colle polvo nos almacéns doutros moitos centros: A pizarra dixital. Esta pizarra interactiva, coa axuda do ordenador e do canón é outra arma de aprendizaxe masiva, que permite que mesmo desenvolvan os cursos en libros, recollendo ademais premios a nivel estatal. I é que ás veces unha boa documental en pantalla grande fai moito máis que ducias de páxinas en papel.

No cole dos Muíños si que utilizan a pizarra dixital

Contentos pois están neste novo curso no centro muxián. Xa no novo e reciclado edificio, preparando as actividades de nadal. Unha sera a obra de teatro "Revoltixo de contos", para a que os pequenos se terán que disfrazar de varias cousas. Teremos que agardar ao Nadal para velos en acción no escenario. Polo de pronto, confórmanse cas Novas Tecnoloxías.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios