Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Os pais e nais dos alumnos dos Muíños tamén poden Abalar coas novas tecnoloxías

Os pais e nais dos alumnos dos Muíños tamén poden Abalar coas novas tecnoloxías

A expansión das novas tecnoloxías polas aulas do país, a pesar dos eternos recortes, segue sendo unha realidade. Os ordenadores e as pizarras electrónicas seguen chegando aos centros educativos. E iso que en moitos casos as que xa chegaron os anos anteriores acumulan e acumulan polvo agardando por un profesor con gañas no faiado.

Non todas as pizarras están paradas. O CEIP Os Muíños, en Muxía, é un exemplo de como a implantación das novas tecnoloxías se pode levar a cabo sen ter que xubilar a ninguén. A que moitas veces chamamos a escola sen libros, xa ten gañados premios como o Nacional de Bibliotecas gracias ao seu traballo nas aulas e na rede a través dos seus blogues. E continúa en marcha.

O "Espazo Abalar" ábrese aos pais

De feito, na tarde de onte desenvolvéronse no centro dúas charlas informativas en torno ao "Espazo Abalar". Roberto Vieito, enxeñeiro informático explicou ao profesorado do centro as utilidades que o Espazo Abalar pode ter para manter contacto coas familias, e para dotar de recursos á práctica docente.

Posteriormente, noutra charla dirixida ás familias, comunicóuselles as posibilidades que pode ter esta ferramenta, para que os pais e as nais poidan manter contacto co centro: reservar hora de titoría, xustificar faltas, seguir a evolución das cualificacións, e recibir notificacións mesmo no seu propio teléfono móbil.

O C.E.I.P. "Os Muiños" non está integrado no proxecto ABALAR, pero a plataforma é pública e a ela poden acceder todos os pais e nais de centros educativos galegos, así como todo o profesorado. Estas charlas forman parte do programa que desenvolve a Xunta para difundir as posibilidades que ten o espazo ABALAR.

Novas relacionadas

Novas de Os Muíños

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa da dirección do centro da man de Susana Seoane Dovigo.

comentarios