Venres. 19.04.2024
El tiempo

Artistas locais convertirán os muros de Muxía en lienzos

Artistas locais convertirán os muros de Muxía en lienzos
MUROS DO NORDÉS 3

Fermosa iniciativa de Lucía Alcaina Romaní (Asociación Xuvenil Comarea) e o Concello de Muxía. “Muros do Nordés” é un evento de pintura mural que vai a inaugurarse o próximo venres 26 en Muxía, na zona portuaria, no cal algúns dos artistas xa comezarán a realizar as súas obras. Un proxecto que mira ao Rexenera Fest e o Derrubando Muros con Pintura de Carballo de reollo, tomando esta idea de convertir os feos muros de formigón nun lienzo para resaltar a arte local.

Deste xeito xa está todo listo para levarse a cabo o evento, tras a selección froito do concurso fíxose pública no facebook a lista definitiva dos artistas, que é a seguinte: Gerardo Haz Picallo, Teresa Búa, Lois Búa, Luna Eva Yagüe, Andrés García Riesgo, Teresa Candal e Gonzalo Saborido.

Na súa maior parte con procedencia muxiana, estes serán os artífices dun compendio de debuxos que deixarán a zona cun aspecto moi diferente. A pluralidade de formas e temas fará do lugar unha zona especial totalmente renovada e sobre todo, mellorada respecto ó mal estado no que se atopaba antes. Pero interesa rescatar a idea principal de que ”a natureza do evento é dar voz a artistas da zona e encher o urbanismo coas nosas voces”, destaca Lucía.

Ademais dos participantes seleccionados mediante concurso, vai haber uns invitados xa profesionais no ámbito da pintura mural como son o colectivo Mutante Creativo, de Ordes. Que de feito están directamente vinculados con eventos como o Rexenera Fest e o Desordes Creativas, de Ordes.

E cómpre destacar que “vai a predominar un espírito crítico respecto á contaminación que asola as nosas costas, un tema de radical actualidade para os pobos costeiros como Muxía, e que era necesario facer visible”.

Así, esperan que sexa un evento ben acollido na Costa da Morte, principalmente por ser único na zona, e que durante estes tres días de celebración de Muros do Nordés (26, 27 e 28) exista un público que realmente disfrute da emoción do directo que ofrece a pintura mural.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios