As mulleres estranxeiras de Muxía dinlle Hola a Fabiola cun curso de alfabetización dixital
Novo programa do Centro de Información á Muller do Concello de Muxía. Desta volta, trátase dun itinerario formativo on-line de alfabetización dixital para mulleres estranxeiras denominado “Hola Fabiola”.
O venres, 26 de setembro de 2014, ás 10.00 horas iniciarase o curso de alfabetización dixital para mulleres extranxeiras que nace do convenio de colaboración entre a Fundación Orange, Fundación directa e o Concello de Muxía, co financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos sociais e Igualdade.
O itinerario non só pretende transmitir coñecementos “informáticos”, senon que o manexo das ferramentas sirva indirectamente para que as mulleres poidan:
- Coñecer novas canles para a comunicación co seu contorno próximo e comunidades de orixe.
- Descubrir vías inéditas de integración.
- Tomar conciencia sobre os seus dereitos en materia de igualdade.
- Aprender un pouco máis acerca da cultura española.
- Adquirir capacidades que contribúan ao seu empoderamento individual e colectivo.
“Hola Fabiola” desenvolverase do 26 de setembro ao 12 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).