Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Pedras e o Santuario da Barca foron purificadas por un grupo de Chamanas

As Pedras e o Santuario da Barca foron purificadas por un grupo de Chamanas
Chamanas nas Pedras da Barca-Foto-Rafael Lema

Emotividade, enerxía, espiritualidade, áurea cósmica a que se vivíu en Muxía durante a fin de semana durante o Encontro do Círculo Planetario de Mulleres. Foron nada menos que 54 mulleres chegadas de Italia, España, Francia, Suiza e Arxentina as que queixeron honrar na tarde do domingo o Santuario neolítico e as Pedras da Punta da Barca, como nos conta o bo de Rafael Lema, que as acompañou durante a súas visita telúrica.

Purificando as pedras e o Santuario

Coordinadoras por tres “chamanas”, as mulleres subiron á Pedra dos Cadrís, a vela mítica da barca que trouxo á virxe a Muxía, para recitar cantos, tocar o tambor, e levar a cabo un ritual de purificación. Unha das chamanas do grupo, a italiana Devana explicou que “a pedra dos Cadrís garda forma de útero e é un elemento simbólico da antiga divinidad feminina do lugar” polo que o seu ritual era de honra á deusa e de chamada á mesma. Tralos cantos cada unha das mulleres bicaron a pedra e entraron no oco da pedra ao revés, “como entrando no útero da deusa da terra”, ante a atenta mirada de centos de curiosos que esperaron ao fin do ritual para seguir pasando polo interior da roca ao estilo tradicional.

Non só buscaron as chamanas a purificación individual senón tamén protexer o santuario, recuperando os posibles rituais que deron pé ao seu inicio, cando só estaban as pedras singulares. Así queren aportar a súa man para limpalo de malos augurios e que non volva sufrir os sucesos do último ano.

Chamanas nas Pedras da Barca-Foto-Rafael Lema

O Círculo Mundial das Mulleres

O grupo 54 mulleres de cinco países forman parte do Circulo Mundial de Mulleres creado o ano pasado. Pasaron as vésperas do equinoccio de outono en Muxía onde celebraron distintas cerimonias dentro dun programa de visita e honra dos antigos santuarios ou puntos máxicos de Europa. Cada ano celebran un ritual conxunto nun destes espazos e neste foi a contorna da Pedra de Abalar o elixido.

Este heterogéneo grupo de mulleres de todas as idades, unidas pola espiritualidade, a procura das raíces, a comuñón coa natureza e os astros, e en moitos casos grandes viaxeiras e caminantes, pasaron este fin de semana en Muxía e Ozón. Hospedáronse no albergue Bela Muxia e no monasterio de San Martiño de Ozón.

Tralo ritual Devana e o escritor local Rafael Lema deron unha charla ao grupo no albergue Bela Muxía explicando a importancia de Galicia como punto final de vellos camiños de peregrinación ao fío da próxima publicación en Italia dun libro conxunto de ambos autores, “Il cammino dei druidi a Compostela”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios