Luns. 29.04.2024
El tiempo

As tapas volven saltar por Muxía

As tapas volven saltar por Muxía

Ao longo destas dúas vindeiras fins de semana de decembro, volven as tapas a Muxía. O éxito desta clase de propostas gastronómicas está garantido, e así o corroroban as 3 edicións anteriores deste Concurso de Tapa Muxía.

Así, durante as fins de semana deste 15 e 16, e do 22 e 23, no marco do programa de Nadal municipal, 12 establecimentos da vila da Barca exporán, entre ás 13:00h e ás 16:00h as súas tapas especiais. Hai que probar e votar, pois ao remate do Concurso haberá un sorte cunha comida ou cea de premio.

Establecementos participantes

Concurso de Tapa Muxiá 2012
  • A LAREIRA : coa tapa “CROCANTE DE QUEIXO DE CABRA CON MARMELO”.
  • O CORAL: coa tapa “A NUBE”.
  • O XARDÍN: coa tapa “PECADO ORIXINAL”.
  • EL RIOJANO: coa tapa “PIQUILLO RECHEO CON IRIS DE ARROZ”.
  • O PINAR: coa tapa “AXITADO, NON REVOLTO”.
  • CASA DOS CONGRIOS: coa tapa “O HERBOSO”.
  • O CORDOBÉS: coa tapa “COUSAS DO CASTAÑO”.
  • O PRESTIGE: coa tapa “VAGHA DE MAR”.
  • A DE LOLÓ: coa tapa ”BOLOS DO COÍDO CON ALGHASO”.
  • O PORTO: coa tapa “QUIRIA”.
  • A DORNA: coa tapa “ROLLITOS CHUP-CHUP”.
  • BAR CONFITERÍA GALICIA: coa tapa” POTERA DE CALAMAR”.

O Concurso

concurso consiste en probar as tapas de 12 bares participantes, ir cuñando , cando se proba a tapa, en cada bar unha tarxeta que se recolle nos bares participantes. cando tes cuño de 7 bares podes votar pola túa tapa favorita introducindo o voto en calquera das urnas que hai nos bares participantes. Podese votar as veces que queiras sempre que teñas o cuño de , ao menos, 7 bares.
O bar gañador leva un diploma , e se sortea entre as persoas que votan unha cea para dúas persoas no establecemento gañador.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios