Xoves. 25.02.2021
El tiempo

O Bela Muxía, o primeiro albergue de 1ª categoría de toda España en conseguir a Q de Calidade

Albergue Bela Muxia gana a Q de Calidade
O Bela Muxía, o primeiro albergue de 1ª categoría de toda España en conseguir a Q de Calidade

Boas nova para o sector turístico da comarca. O primeiro albergue de peregrinos de España de 1ª categoría que consegue a Q de Calidade é da Costa da Morte. Concretamente, o Albergue Bela Muxía, un dos primeiros e promover o cambio da oferta de albergues na zona, ofrecendo dende 2012 un servizo moi máis coidado, vén de conseguir esta distinción de calidade.

Aseguran que detrás hai máis dun ano de traballo, para cumplir os requisitos da norma e superar a auditoría externa levada a cabo pola empresa homologada SGS. Uns requisitos que “garanten a calidade, seguridade e profesionalidade, aspectos diferenciadores que nun futuro próximo, como é o presente Ano Santo, serán a chave ao éxito, todo isto para asegurar aos clientes a mellor experiencia turística posible”.

O seu promotor Pepe Formoso, asegura que o distintivo ofrece melloras dentro e fóra do espazo. “A nivel interno, mellora a xestión e eficacia das actividades que se realizan, optimiza os recursos, motiva ao persoal e establece un sistema para controlar de forma eficaz o desempeño da organización”. Igualmente, “a obtención da Marca implica a nivel externo para os establecimentos un aumento da satisfacción dos seus clientes (fomentando a fidelización directa e indirecta), unha mellora na reputación da organización e a ostentación dun sello diferenciador frente á sua competencia”.
Boa parte da culpa seguro que a ten o hospitaleiro Anxo Castro, todo un referente no sector turístico muxián.

Novas relacionadas

comentarios