Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Muxía acusa ao alcalde “incompetente”

Pleno en Muxia
Imaxe do pleno deste martes
O BNG de Muxía acusa ao alcalde “incompetente”

Ata tres veces chegou ao pleno o investimento para dotar de abastecemento de auga municipal nos lugares de Suxo, Castelo e Agranzón. Chegaba en marzo de 2022, e o alcalde aseguraba que a primeira fase estaría lista en decembro. “Unha mentira deliberada ou unha total ignorancia do proceso de tramitación administrativa”, sinala o voceiro do BNG Carlos Fernández Concheiro, despois de votar a favor.

Volveu en agosto o mesmo proxecto, e foi aprobado por segunda vez, “mais esta vez o alcalde ocultou que non tiña asinado ningún convenio co concello de Vimianzo de onde pretendía traer a auga”, explica Concheiro. “Ou novo engano aos veciños e veciñas ou pura incompetencia”, denuncia.

Facíao por terceira vez este martes a pleno, “sen explicación previa”, pero desta volta o proxecto preve tomar a auga doutra captación -que xa serve a núcleos tan poboados como Muxía e Quintáns- na que se levan gastados este anos centos de miles de euros en camións cisterna para o abastecemento porque a auga non abonda. “Non se fixo ningún estudo serio de viabilidade, por suposto”, lamenta o voceiro do BNG.

O alcalde informaba de que primeira fase da obra proxectada supera os 196.000 euros e, segundo aclara o informe de intervención, non se poderá executar en 2022 nin no 2023 antes da liquidación do orzamento. O total do proxecto superará os 700.000 euros pero dende o BNG lamentan que “o alcalde nin sequera iniciou os contactos con outras administracións para conseguir financiación para esta obra”, ao tempo de que “acusa á oposición de non querer que se faga, cando xa aprobamos os seus proxectos tres veces en pouco máis de ano e medio”.

"Vai sendo hora de que Iago Toba entenda dunha vez que é máis digno recoñecer os propios erros que seguir estercando a vida política de Muxía con mentiras que só intentan ocultar a súa incompetencia".

Comentarios