Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG de Muxía pregunta polo operativo de rescate do percebeiro e pide que se arranxen as pistas

Pistas de percebeiros de Muxia
Estado das pistas de percebeiros de Muxía
O BNG de Muxía pregunta polo operativo de rescate do percebeiro e pide que se arranxen as pistas

Quedan moitas incógnitas arredor do rescate de onte do percebeiro en Arnela a mans dos seus compañeiros. Así o recoñece o BNG de Muxía, que denuncia o mal estado das pistas para acceder ás zonas de extracción, que provocan retrasos dos medios sanitarios en momentos de rescate, ata o punto de que onte a ambulancia non deu chegado ata a zona.
Ademais, o estado das pistas obriga aos profesionais a desprazarse só con todoterreos ou poñer en perigo os seus vehículos. De feito, estes días varios percebeiros romperon as súas rodas e ata un tubo de escape rodando por estas pistas. Así, acaban tardando máis no último quilómetro para chegar ás pedras que os 15-20 que separan as zonas de extracción da vila.

Unha petición xa que vén de lonxe, pero que non se levou a cabo aínda. Ademais, dende o BNG muxián piden axuda para que os profesionais poidan “reparación da lancha de vixilancia e a de proporcionar un equipamento básico de primeiros auxilios (desfribilador, manta térmica, material de escalada, ...) ao vehículo de vixilancia, que é o primeiro que os asiste no caso de accidente”.

U-lo helicóptero e a embarcación de Salvamento?

Outra das incógnitas que queda é por que non acabou saíndo o helicóptero de salvamento Helimer, alertado en primeira instancia. Finalmente foi o helicóptero medicalizado do 061, que non ten equipo de rescate e que só puido aterrar no areal, provocando que os percebeiros tiveran que trasladar ao ferido dende as rochas ata o areal nunha embarcación privada.

Alo semellante aconteceu coa Salvamar Altair con porto en Camariñas, que podería ter sido a primeira en chegar, pero que non foi convocada.

Novas relacionadas

Comentarios