Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo, Muxía e Outes invitan a participar na limpeza do Proxecto Ríos

Carballo, Muxía e Outes invitan a participar na limpeza do Proxecto Ríos
Limpeza en Carballo dun rio Limpeza en Carballo dun río no marco do Proxecto Ríos do ano pasado Pouca participación costeira na VIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos”, que este ano se celebra en 42 concellos de toda Galicia. Dun total de 52 entidades participantes (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…), apenas 3 están relacionadas ca Costa da Morte. Falamos de Senda Nova, sempre activa no Concello de Carballo, do Concello de Muxía, que ten no seu técnico José un baluarte, e a asociación Salanteira, da veciña Serra de Outes. A limpeza, que será este domingo 27 de setembro, mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 42 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social. O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Este proxecto é iniciativa de ADEGA e está promovido e financiado por Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Como participar

Se queres achegarte a botar unha man, ponte en contacto coas entidades da zona que organizan, a apúntante como voluntario:
Concello Entidade Persoa de Contacto Contacto
Carballo Senda Nova Manuel 639 549 361
Muxía Concello de Muxía José 981 742 001
Outes @Salanteira Miguel 637 410 645
Para levar a cabo a actuación reeditouse o protocolo de limpeza de ríos co fin de ofrecer unhas pautas sobre cómo se debe facer unha limpeza ecolóxica nos ecosistemas fluviais. Tamén se agasallará aos/ás voluntarios/as con unhas camisolas co lema da limpeza. Actualizouse a páxina web para a limpeza limpeza.proxectorios.org onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes, promotoras e colaboradoras.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios