Martes. 23.04.2024
El tiempo

A cativada do CEIP Vilarmide coñeceu a historia de Carmela García Barcia, outra veciña heroína

Carmela García Barcia no CEIP Vilarmide
Carmela García Barcia no CEIP Vilarmide
A cativada do CEIP Vilarmide coñeceu a historia de Carmela García Barcia, outra veciña heroína

Moitas veces marchamos polo mundo na procura de protagonistas. E a meirande parte das ocasións temos heroínas á porta da casa. Decatarse é un desafío, e visibilizas unha obriga. Iso teñen claro no CEIP VIlarmide, que xa teñen traído veciñas como grandes protagonistas do 8M.

Desta volta a heroína do Día da Muller é Carmela García Barcia. Unha muller de Muxía que naceu na posguerra pero foi educada por unha nai que quería fillas libres”, como nos describe a organizador Luisa Gerpe.

Durante toda a semana o alumnado estivo preparando actividades arredor da súa vila, polo que non se sorprenderon demasiado cando esta mañá de mércores 8 de marzo contou a súa historia de viva voz. Foi ela a que máis se sorprendeu do coñecemento da súa historia por parte da rapazada muxiá.

”Carmencita” lembrou aqueles tempos de atraso, fame, racionamento, prohibicións, medo, tristura… unha vida dura, sen liberdades, sen saber ler nin escribir, onde as mulleres non podían traballar, estudar, nin ter unha conta bancaria, votar ou sacar o pasaporte sen o permiso do seu marido. Carmen trasladounas a aquel tempo no que as mulleres só coidaban a casa, a familia e tiñan que estar guapas e sorrintes para cando chegasen os maridos a casa; e onde as nenas xogaban coas bonecas xa para aprender que o seu futuro ía ser coidar. Quixo poñer en valor esas mulleres que resistiron, abrindo camiño para a liberación.

E foi debullando a súa vida. Cando Carmela tiña 13 ou 14 anos marcou a Castellón, para ser profe de confección. Estivo 3 anos e despois foi a Guinea Ecuatorial, noutra galaxia. Aí namorou de África, onde pasou dous anos e sentiu que estaba por primeira nun país libre. Aínda que non o era, pois Guinea independizouse de España en 1968, cando volveu cun episodio tremendo na mesma porta do avión.
Volveu a Muxía, pero marchou a traballar a Segovia, xa nos tempos das minifaldas a tele… tendo que sobrepoñerse aos dimes e diretes das rancias de sempre. Despois volveu á súa vila, cando os tempos foron máis acaecidos, como unha heroína en silencio.

Novas relacionadas

Comentarios