Continúa aberto o prazo para matricularse no FP Dual de Cociña e Restauración do IES de Muxía
23:44 06/09/23
Aínda quedan prazas libres para o FP Dual de Cociña e Restauración que se impartirá no IES Ramón Caamaño de Muxía. Poden cursar estes estudos todas aquelas persoas maiores de 16 anos.
O modelo Dual comeza xa neste primeiro curso, e supón que o alumnado se formará nas distintas empresas colaboradoras desde marzo, asegurados e cobrando un salario de alomenos 630€/mes.
Os negocios implicados serán O Parador da Costa da Morte, A Casa do Peixe, Son de Mar, A Lonxa D’alvaro e A Furna de Muxía; As Baleas de Muxía e de Cee; O Semáforo de Fisterra; Ínsua de Cee; e Villa de Oro de Camariñas.
Os interesados poden achegarse ao centro ou solicitar información no número 881880775 en horario de 08:30 a 14:00 horas.