mércores. 11.12.2024
El tiempo

A balea xibarta varada nas rochas do cabo Touriñán faleceu asfixiada nunha rede

  • Esta mañá, a marea chea xa levou o corpo da balea.
balea xibarta varada en Cabo Tourinan-Foto-Luis Corra 2
Foto: Luís Corral
A balea xibarta varada nas rochas do cabo Touriñán faleceu asfixiada nunha rede

Este luns varaba un cadáver de balea xibarda nas inmediacións do Cabo Touriñán. Un corpo, duns 10 metros, fica nas rochas tras "unha morte non natural", asfixiada nunha rede da que aínda leva colgando cabos, explican dende a CEMMA (Coordinadora de Estudios de Mamíferos Mariños).

O corpo semellla que ficará nas rochas, xa que falamos dunha zona de moi difícil acceso, na parte este da península que forma o cabo, ao que non se pode chegar con maquinaria para retirar o corpo ou facer o complicado proceso de despezamento que xa temos visto noutros portos.

De feito, dende a CEMMA lembran que nesa mesma zona xa varou unha hai uns anos, que a realidade é que non molesta a ninguén, e que se espera que os temporais a movan.

Máis novas sobre baleas

Comentarios