Critican ao goberno de Félix Porto pola falta de previsión ante as últimas inundacións
08:06 06/04/16
Estado no que se atopan algunha das estradas de Muxía tras as choivas da semana pasada
Despois da tormenta chega o momento de buscar responsabilidades. E os membros do PP de Muxía teñen claro que "a falta de previsión" por parte do concello, a mala limpeza e a escaseza de mantemento das cunetas e os camiños do municipio agravaron os danos ocasionados polas fortes choivas caídas durante a semana pasada que volveron a provocar numerosas incidencias en toda a comarca.
O populares aseguran estar convencidos de que se o goberno local "fixese os deberes", agora os veciños e veciñas de Muxía - principalemente os das parroquias de Lourido, Suxo, Senande, Cibrán e Touriñán - non estarían sufrindo tan importantes danos materiais e económicos.
"Está moi ben que agora o alcalde reclame axudas para paliar os danos e axudar aos veciños", indican os populares quen se preguntan os motivos polos que "o señor Félix Porto non se preocupou de manter limpos os camiños e as cunetas para a situación non fose agora tan grave". Desta forma, os membros do PP aseguran que ésta é unha proba máis do "abandono e olvido" ao que están sometido algunhas parroquias.
Os populares aseguran que "dá a sensación de que en Muxía hai veciños de primeira e veciños de segunda" e recoméndalle ao rexidro que "pase un pouco por todo o municipio para coñecer de primeira man os problemas pendentes de resolver".
"Non é a primeira vez que os veciños advirten ao señor Porto que a auga atravesa as estradas en canto caen unha gotas", apuntan dende o PP, polo que consideran que a situación se agrava aínda máis.
Novas relacionadas
- Ana Pontón visita Carballo tralas inundacións
- As chuvias volven provocar numerosas incidencias na comarca
- Santa Comba sufriu accidentes, cortes de tráfico, inundacións e derrubamentos polas chuvias
- Esíxenlle ao concello de Muxía que solucione o problema das inundacións en Suxo
- O concello de Vimianzo estuda medidas para paliar os danos causados polos temporais
- Unha forte tromba de auga anega ducias de comercios e garaxes na Costa da Morte
- O primeiro temporal de 2016 en imaxes.
- Redacción QPC ([email protected])
- PP Muxía