Luns. 06.05.2024
El tiempo

Critican o “vergoñento” uso propagandístico da Festa dos Maiores por parte do grupo de goberno muxián

Cartel Festa dos Maiores de Muxia 2023
Cartel da Festa dos Maiores de Muxía que se celebrou a menos dun mes das eleccións
Critican o “vergoñento” uso propagandístico da Festa dos Maiores por parte do grupo de goberno muxián

Adoitan ser o meses de abril e maio mes de Xuntanzas de Maiores. De feito, estas semanas desenvolvéronse estes eventos en concellos de todas as cores políticas, sen considerar que unha xuntanza destas caracterísitcas podería vulnerar a ética electoral.

En Muxía esta fin de semana o alcalde reuniu 700 persoas no pavillón municipal onde o alcalde non escatimou en discursos. Un acto ao que non acodiu o concelleiro e candidato do BNG, Carlos Glez. Concheiro, que “rexeita que a política municipal se convirta nun mero acto propagandístico”. Concheiro critica que o cartel da festa dos maiores inclúa unha foto dos tres membros do actual goberno, unha estampa que “provoca vergoña allea pola obvia e bochornosa utilización desta actividade, financiada cos impostos de todos os veciños e veciñas deste concello, como propaganda partidista”. Ao que se engade que “houbese que pasar polo despacho da alcaldía para retirar o convite”, sinala Concheiro.

Pleno

Paralelamente, Concheiro lamenta que o alcalde Iago Toba convoque un pleno para o vindeiro 13 de maio. “Convoca un pleno xa iniciada a campaña electoral, cando houbo catro anos de mandato para levar adiante estas propostas sen que foran realizadas por unha evidente mala xestión”, denuncia o candidato do BNG, que lembra o artigo 50 da LOREG: “desde a convocatoria de eleccións e ata a súa celebración, prohíbese calquera acto de inauguración de obras ou proxectos, calquera que sexa a denominación empregada”. Ademáis “para non incorrer en infracción da normativa electoral, deberase de evitar calquera tipo de difusión ou acto conmemorativo que poida ser considerado como de posible influencia no proceso electoral a celebrar”.

Asi, para Concheiro “unha mínima cultura política e democrática evitaría a convocatoria deste pleno que é un sainete do que o Bng non vai formar parte, porque xa estamos fartos de comediantes e finximentos e reclamamos seriedade e traballo diario na xestión municipal”, deixando claro que non vai asistir ao pleno desta semana.

Comentarios