Domingo. 16.06.2024
El tiempo

De libros e árbores no cole dos Muíños

De libros e árbores no cole dos Muíños
A axente forestal no CEIP Os Muinos

Volvemos hoxe aos Muíños para visitar un dos coles que máis actividades artellan para os cativos. Instamos ao resto de centros a que nos manden as súas ocasións especiais, para que entre todos poidamos saber que é o que están a aprender os nosos pequenos.

Estes días, no CEIP Os Muíños tiveron doble sesión, cun maratón de lectura polo día do libro, e mais recibiron unha visita polo Día da Árbore.

Os Axentes Medioambientais da Xunta de Galicia Xosé Calvo, Fátima Romero e Amalia Blanco visitaron o centro muxián para desenvolver actividades de sensibilización co medio ambiente. O alumnado máis pequeno da escola (Infantil e 1º ciclo de primaria) escoitou con moita atención o conto que Fátima lles contou na biblioteca, e co que agasallaron ao centro. Logo sementaron en pequenos recipientes sementes de piñeiro que coidarán ata que medren e poidan transplantar.

Os seus compañeiros maiores participaron na charla impartida por Amalia Blanco e Xosé Calvo, e logo plantaron no patio da escola varios castiñeiros. O grupo de 5º mesmo bautizou a súa árbore como "Tito Casqui", e comprometéronse a coidalo con esmero, tal como se reflicte na súa colección de debuxos.

Os axentes medioambientais visitan periódicamente o centro procurando que os nenos e nenas de Muxía se sensibilicen frente ao problema do lume, que ten afectado nos últimos anos moitos lugares do concello.

Debuxo de Sheila polo Dia da Arbore O DIa da Arbore rematou coa prantacion

Maratón polo día do libro

Despois de ver a fantástica Semana do LIbro do CEIP Santa Eulalia de Dumbría, coñecemos o maratón de lectura que se pegaron os cativos na biblioteca. Un acto que culminou o ano adicado a "20.000 leguas de viaxe baixo dos mares", de Xulio Verne. Durante todo o curso o alumnado traballou arredor do tema do mar, desde o punto de vista da súa conservación, conmemorando o aniversario do afundimento do Prestige, ata as diversas culturas que conflúen nel. Cada mes de abril profundízase no estudo dun autor clásico e a súa obra, e con tal motivo os escolares se achegan á figura do famoso autor francés.

Na maratón participaron todos, pequenos e profes, e mesmo o alcalde, Félix Porto, para dar lectura a un fragmento da famosa obra de Xulio Verne. Como dato anecdótico, o menú que se serviu no comedor tamén tivo tema mariño: Rabas de lura xigante, Paella mariñeira e Linguado de hoxaldre recheo de chocolate.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios