Venres. 29.03.2024
El tiempo

Denuncian a incineración dun golfiño tras un ano varado nas pedras de Muxía

Golfino varado en Muxia
Denuncian a incineración dun golfiño tras un ano varado nas pedras de Muxía

Foi en xaneiro cando o corpo dun golfiño varaba nas zona da Pedriña, xunto ao secadoiro de congro. Aquelas datas, tralo aviso do 112, Protección Civil e Policía Local acompañaban ao CEMMA (a Coordinadora de Estudo de Mamíferos Mariños) a facer as análises pertinentes. Ao remate autorizaba a súa retirada das rochas.

A partir de aí, chegou un cúmulo de despropósitos para intentar desfacerse del. A falta de coordinación entre administracións (nomeadamente Concello e Costas, se ben dende o Seprona aseguráronlle aos veciñ@s que subilo a terra era obriga municipal) fixo que pasasen os meses e non se retirase o corpo, cada día máis descomposto.

Proceso de descomposicion do golfino varado en Muxia
Pasos no proceso de descomposición do golfiño

O Concello intentou de todo co corpo: meterlle sosa cáustica e prenderlle lume (malia que está prohibifo en zona litoral) , envolvelo en film para favorecer a súa descomposición (provocando unicamente o aumento do cheiro a podre e queimado); botarlle madeira aproveitando o San Xoán (pero só prende a madeira) e mesmo botarlle gasolina para intentar completar a combustión.
A pesar de todas as intentonas aínda quedaban as costelas e parte da pel do animal, polo onte un empregado municipal chegaba cunha manchea de leña, e lle prendía lume de novo, quedando aínda parte do corpo.

A veciñanza denuncia o asunto e califica o acto de “vergoñento” por saltárense as normas sanitarias.

Costelas queimadas do golfino

Comentarios