mércores. 30.04.2025
El tiempo

O BNG denuncia a nefasta xestión económica do servizo de recollida do lixo

Camion do lixo de Muxia
O BNG denuncia a nefasta xestión económica do servizo de recollida do lixo

Continúa en Muxía a problemática co lixo, sen que haia situación de folga como noutros concellos. Mentres as praias seguen estando nun estado lamentable, dende a oposición denuncian que ademais a xestión económica está a ser "nefasta".

Así o entende o BNG que denuncia o aumento dos custos da retirada do lixo. Mercé Barrientos sinala que “o Concello está a abonar facturas mensuais de miles de euros a unha empresa externa e levamos desde maio sen que funcione o servizo de recollida do Punto Limpo e sen recoller coa frecuencia necesaria os plásticos de ensilar”

Desde a formación nacionalista indicaron que o Concello de Muxía leva un período prolongado cunha parte do seu parque móbil inmobilizado, “cos dous
camións de retirada de lixo, e tamén o do Punto Limpo, sen funcionar desde hai meses e incluso anos”, e subliñaron que “un dos camións leva máis de seis
meses aparcado no interior do Punto Limpo sen uso; o outro leva anos estacionado na entrada dun taller sen que se saiba o motivo; e un terceiro
vehículo, o de recollida de enseres voluminosos, está tamén desde hai meses no interior doutro taller agardando unha reparación, sen que saibamos o motivo de que non se resolva a situación”.

A voceira do BNG muxián, Mercé Barrientos, lembrou que “mentres tanto, na actualidade o Concello está a abonar facturas mensuais de moitos miles de
euros a unha empresa externa e levamos desde maio sen que funcione o servizo de recollida do Punto Limpo e sen recoller coa frecuencia necesaria os
plásticos de ensilar, o que está a xerar unha longa lista de espera”.

“Ter o parque de vehículos do lixo parado mentres se abonan cuantiosas facturas polo servizo a empresas externas, e se pagan os obrigatorios seguros
de camións que están sen uso e deteriorándose, é un exemplo máis dunha xestión nefasta”, manifestou Barrientos, que ademais lamenta a "ocultación de datos" por parte do goberno municipal.

Comentarios