O deporte, a igualdade e o medio ambiente, as liñas argumentais dos campamentos de verán de Muxía

10:24 08/07/20
Ata mañá 9 de xullo teñen as familias de Muxía para inscribir ás criaturas nos Campamentos de verán municipais. Onte presentaba o grupo de goberno a programación de conciliación sempre pensados para manter os protocolos sanitarios, con quendas de 9 nen@s, repartidos por grupos.
Haberá tres eixes fundamentais: o deporte, a igualdade e o medio ambiente. Así, os nenos e nenas poderán gozar de actividades como punto de cruz, obradoiros de cociña e de chapas, conta contos ou creación de pancartas, entre outras.
A primeira quenda de celebración destes campamentos irá desde o 13 de xullo ao 24 do mesmo mes e a segundo do 27 de xullo ata o 7 de agosto.