Dous investigados por un posible delito de cíberacoso en Muxía
Saltaban todas as alarmas por Muxía hai unhas semanas cando unha muller acodía a Garda Civil para denunciar un posible intento de secuestro. Segundo relata a Garda Civil, a muller muxiá coñecera un home a través dun xogo en liña dunha coñecida rede social de internet. Transcorrido certo tempo, o agora investigado intentou iniciar unha relación sentimental. Ela negouse e a partir de aí comezou o seu calvario, sendo sometida a partir dese momento a un acoso constante por parte do interesado.
A vítima intento cortar toda relación con esta persoa para evitar a situación, momento no que o suposto acosador incrementou as chamadas e mensaxes, acudíndose nalgunha ocasión nas proximidades da vivenda da vítima para amedrentala. Ante as reiteradas negativas para o iniciou de ningún tipo de relación, entrou en escena o segundo dos investigados, chegando a ameazar á vítima con danos á integridade dos seus fillos no caso de que se fixese público o acoso ao que estaba sendo sometida.
Despois de facer unha completa investigación a Equipo Roca da Garda Civil da Compañía de Carballo en colaboración co Posto da Garda Civil de Muxía procedeu a deter aos supostos acosadores, que están sendo investigados por un delito de acoso e outro de ameazas.
Consellos para evitar o ciberacoso
A Garda Civil comparte esta lista de precaucións:
- 1.- Manter os perfís das redes sociais en modo privado.
- 2.- Utilizar contraseñas cun alto nivel de seguridade.
- 3.- Informarse achega das políticas de uso que publica cada plataforma dixital.
- 4.- Aproveitar a función de bloqueo.
- 5.- Asegurarse de ter un bo antivirus.
- 6.- Utilizar un modelo de cámara con luz piloto, que sinala claramente cando está gravando.
- 7.- Ter precaución ao compartir información persoal en Internet.
- 8.- Non responder a provocaciones dun posible acosador.
- 9.- Compartir as inquietudes con amigos, pais ou ata terceiros.
- 10.- Gardar todo o que se considere unha posible proba de ciberacoso.