Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Duchas frías en Muxía por falta presión de auga da traída

Labexo-Muxia
Imaxe de Labexo
Duchas frías en Muxía por falta presión de auga da traída

Os problemas de abastecemento de auga no concello de Muxía seguen a medrar. Pero agora tamén polo inverno.

Desta volta, o BNG denuncia que os veciños e veciñas da zona de Labexo e Armear levan varios meses vendo como a presión de auga da traída é insuficiente para poñer en marcha os quentadores das súas casas.


Aseguran que "o problema xa se ven arrastrando desde o verán, mais daquela a veciñanza achacouno á seca e ao aumento estacional de poboación na zona. Agora, algúns veciños manteñen que coas chuvias deste outono é imposible que a presión sexa baixa se non hai fugas. Dubidan de se se teña a chave da auga a medio paso e diso podería xurdir estes problemas".

Pola noite só empezan a ter presión para activar os quentadores a partir das 10 ou 11 da noite. E se teñen unha lavadora lavando, din, xa se poden esquecer de ducharse.

Segundo trasladaron, distintos veciños de Armear e Labexo foran xa a avisar da situación e chamaron ao concello en varias ocasións, porque a maioría
están afectados. Máis, denuncian, "o alcalde non lles colleu o teléfono", aseguran dende o BNG. F

Aproveita o BNG para lembrar os problemas crónicas de abastecemento que sofre o concello muxián. "No 2023, ano non especialmente seco, chegaron facturas por importe de 182.000 €uros polo aprovisionamento de auga en cisternas para un só depósito municipal mentres", denuncia o Bng, "non se tomou ningunha medida para informar á veciñanza e aconsellar un uso responsable deste recurso".
Sumada esta cantidade ás facturas do ano pasado, vai "máis de medio millón de euros gastado en cisternas en dous anos sen que se propuxera ningunha inversión para mellorar esta rede de abastecemento deficitaria".

Dende o grupo piden a conexión coa auga da Mancomunidade.

Comentarios