As EDAR de Cee-Corcubión e Muxía, entre as que peor funcionan de Galicia
Un informe de Ecoloxistas en Acción vén de concluír que as EDAR de Cee-Corcubión, e a de Muxía, son dúas das 18 estacións de toda a xeografía galega que non cumplen cos niveis de eficacia necesarios para garantir unha calidade de auga suficiente.
Analizando os datos da Demanda Química de Osíxeno a 5 días (DBO5), decatáronse que as Depuradora de Cee e Corcubión rexistrou resultados “non conformes cos nivels de DBO5 permitidos en moitas máis veces do permitido. O mesmo acontece coa de Muxía, que deu ata 10 veces datos malos en Demanda Química de Osíxeno (DQO).
O propio informe recoñece que estas estacións “arrastran un longo histórico de non conformidades sen que as administracións local e autonómica leven a cabo actuacións necesarias para remedialo”.
No caso de Cee-Corcubión, ben é certo que a nova EDAR está en proceso de licitación do proxecto.
Cursos de auga
Na mesma liña vén de manifestarse a Asociación Arco Iris. A entidade herculina denuncia “o mal estado de moitos cursos de auga de Galicia, despois de analizar o o terceiro ciclo (2021-2027) do Plan Hidrológico Galicia Costa.
Ata 212 masas de auga dun total de 485 repartidas por toda Galicia, obteñen unha puntuación por baixo do que se podería considerar como “boa”. A nivel costeiro, Plan recoñece que houbo o ano pasado 11 verteduras urbanas en Cee-Corcubión e 119 no resto da comarca, provocando que na comarca haia concellos con máis de 2.000 persoas sen saneamento.
Eucalipto, “especie invasora”
Do mesmo xeito, Arco Iris critica que Augas de Galicia (AG) considere ao eucalipto unha especie forestal exótica, que produce impactos serios sobre o equilibrio ambiental das masas de auga da Comunidade Autónoma, pero que non faga nada. Así o inclúe Augas de Galicia no seu Plan Hidrolóxico, unha que son 107 masas de auga as directamente afectadas por esta praga forestal,.
Por iso, Arco Iris insta a Augas a indentificar cases son as canles afectadas e o grao de impacto, e a Medio Ambiente e Medfio Rural a “elaborar de forma urxente un Plan ambiental de retirada prioritaria de sementados de eucalipto nas concas afectadas, para restaurar o seu equilibrio biolóxico”.
Histórico sobre o problema do saneamento na ría de Corcubión
- 12-01-21: Novo paso para a EDAR de Cee e Corcubión: A Xunta licita a redacción do proxecto.
- Xaneiro 2021: A caño libre… 11 anos despois.
- 10-12-2020: Aprobado o investimento para a redacción do proxecto da nova EDAR de Cee e Corcubión.
- Novembro 2019: Preguntan á Comisión Europea se existe financiamento para o saneamento da ría de Cee e Corcubión.