Martes. 30.04.2024
El tiempo

Esixen ao goberno muxián a negociación das obras do POS

O PP solicitia incluír no POS a reforma integral do campo de Arliña
Esixen ao goberno muxián a negociación das obras do POS

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Muxía levará ao vindeiro pleno a inclusión de 3 proxectos no Plan de Obras e Servizos
(POS) que a Deputación da Coruña pon ao servizo dos municipios todos os anos.
En concreto, os populares reclamarán que, a través do POS e do POS adicional do 2024, o Concello de Muxía financia a reparación dos camiños interiores de Merexo, a creación dunha senda peonil ao longo dos lugares de Castro e Loalo e a reforma integral do campo
de fútbol para dotalo de novos servizos e de melloras para os asistentes.

“Estamos a falar de tres proxectos moi importantes e de tres actuacións necesarias e demandas dende fai tempo polos veciños”, indicou a voceira popular Sandra Vilela, que lembrou que é “necesario que o actual Goberno Local, que se encontra en minoría, fale co resto de forzas políticas para negociar as actuacións que se incluirán no POS 2024". “Cun goberno en minoría, estamos na obrigación de pactar para non poñer, como sucedeu o ano pasado, en risco uns fondos que son fundamentais para o futuro de Muxía”, dixo Vilela.

Comentarios