Mércores. 06.11.2024
El tiempo

Fitur saboreará a Costa da Morte con sabor muxián

Fitur saboreará a Costa da Morte con sabor muxián
Xa van aparecendo iniciativas que se van presentar na FITUR. "Saboreando Galicia dende Muxía" será un dos produtos que ofreza a bisbarra, e nace da man da Asociación de Turismo Rural Muxía Natural. Trátase dun conxunto de paquetes turísticos, a desenvolver entre os meses de febreiro e xuño (ambos inclusive), e que conxugan casas rurais, gastronomía e turismo activo. A proposta, amadrinada pola actriz Teté Delgado, conxuga aloxamento en casas rurais, gastronomía e turismo activo.

Moitos e variados participantes

Unha das claves deste proxecto é que participa moita xente, é moi dispar. Comezando polo cinco establecementos de turismo rural do municipio: Casa de Trillo, Casa de Lema, Casa Castiñeira, Casa Ceferinos e Casa Fontequeiroro. Pero é qeu ademais contan colaboración de entidades como o Concello de Muxía, Turgalicia, Deputación da Coruña, Fecom, Aptcm, Asociación do Porco Celta dá Costa da Morte, Confraría de Pescadores de Muxía, Meigalicia, www.surfcostadamorte.com e Carnicería Antelo.

Presentación

O acto de presentación do folleto turístico terá lugar no pavillón de Galicia en Fitur o próximo día 19 de xaneiro, ás 16:30 h. No mesmo participarán a directora xerente de Turgalicia, Carmen Pita; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar; o alcalde de Muxía, Félix Porto; o presidente da Asociación Española de Autónomos (ATA España), Lorenzo Amor; o presidente de Fecom, José Gabín, representantes da asociación Muxía Natural, e a actriz Teté Delgado. Ao termo do mesmo haberá unha degustación de percebes de Touriñán e porco celta, ambos os produtos integrantes da oferta presentada.

Fitur Activo

Por medio desta iniciativa, as casas rurais ofrecerán cada mes un menú distinto, con produtos de tempada, que poderá ser combinado con actividades de turismo activo: surf, tour fotográfico, tour ornitológico, Camiño de Santiago, sendeirismo... Ademais, a Asociación de Turismo Rural Muxía Natural participará na sección de Fitur Activo, por medio do Concurso ao Mellor Produto de Turismo Activo, no que participa con varias propostas, como o Paquete Muxía Sénior para maiores ou o Paquete Muxía, fin do Camiño fotográfico.

Votacións

Poden facer as súas votacións en airelibre.eu.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación Muxía Natural.
  • Foto da Casa de Trillo.

Comentarios