Venres. 19.04.2024
El tiempo

O grupo ecoloxista PX amósase satisfeito ante a resolución sobre a ubicación do parque eólico muxián

O grupo ecoloxista PX amósase satisfeito ante a resolución sobre a ubicación do parque eólico muxián
O grupo ecoloxista PX da Ponte do Porto, amosouse nas últimas horas satisfeito logo de coñecerse a resolución do TSXG, a través da cal se avala a petición de Patrimonio para que varios muíños de vento do proxecto eólico Muxía II, muden a súa ubicación, xa que ían afectar a parte do Camiño entre Fisterra e Muxía. Os ecoloxistas lembran que nos anos 2008 e 2009 presentaron, xunto con varios veciños de Morquintián, Moraime, e Ozón, varias denuncias ante Patrimonio e Medioambiente por mor deste proxecto eólico, destinado a afectar a parte do Camiño, e a varias zonas de valor ecolóxico e etnográfico. O colectivo ecoloxista agarda que os novos parques eólicos cumpran co anunciado dende a Xunta, de tal xeito que ningún sexa instalado en Rede Natura e os muíños se ubiquen a non menos de 500 metros do Camiño. Plan Acuícola Noutra orde de cousas, o colectivo PX enviou a pasada semana unha carta ao presidente provincial do Partido Popular, Carlos Negreira, na cal lle solicitan ao conservador que “cumpra a súa palabra e elimine do futuro plan acuícola os proxectos de Camelle, Merexo e Seiruga”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Fran Lago para QPC e radiONeria.
  • Nota de prensa do PX.

Comentarios