luns. 12.01.2026
El tiempo

A renacida Fundación Gonzalo López Abente convoca o seu I Concurso Escolar de Poesía

A renacida Fundación Gonzalo López Abente convoca o seu I Concurso Escolar de Poesía

A Fundación Gonzalo López Abente convoca o “I Concurso de Poesía Escolar Gonzalo López Abente” co obxectivo de fomentar a creatividade literaria entre o alumnado de educación primaria e secundaria e dar a coñecer a figura do poeta muxián entre a xente nova.

A convocatoria está dirixida ao alumnado matriculado en centros educativos da Costa da Morte. Haberá tres categorías: A. para alumnado de 1º a 3º de Educación Primaria; B, para 4º a 6º de Educación Primaria; e C, 1º a 4º  de ESO. O tema será libre, os poemas deberán ser orixinais e inéditos e estaren escritos en lingua galega. A extensión mínima varía para cada categoría, sendo de 10 verso para a categoría A, 16 para a B e 24 para a C. Os poemas serán presentados en formato papel, mecanografados ou a man con letra lexible. Nos traballos presentados figurará o título e un pseudónimo e virán nun sobre pechado en cuxo exterior figurará o título do poema, a categoría na que participa e o pseudónimo. No interior do sobre enviarase, igualmente, outro sobre pechado no que figurarán os datos do/a participante e da súa obra, xunto coa autorización asinada polo titor ou titora. A entregar na Biblioteca Municipal de Muxía. O prazo de entrega remata o vindeiro 6 de marzo.

As gañadoras ou gañadores levarán un lote de libros e material escolar por valor de 100 euros, habendo un segundo premio por valor de 50 euros. O xurado estará formado por representantes da Fundación. O fallo do concurso farase público na semana do 16 ao 21 de marzo de 2026 e a entrega de premios terá lugar o sábado 11 de abril na Biblioteca Municipal.

 

ARTIGOS DE MIRO VILLAR SOBRE LÓPEZ ABENTE

Comentarios