Mar de Fábula volve limpar o esquecido coído de Touriñán

07:25 23/05/25
Tras varios anos, a Asociación Mar de Fábula, volve acodir ao coído de Touriñán. Un lugar de paso do Camiño dos Faros que acumula, debido a súa orientación, moito lixo mariño.
Así o comprobaron esta semana nunha inspección previa, considerando necesaria a acción de limpeza.
Así, animan ao voluntariado a unirse este domingo 25 de maio ás 11:00h, na entrada da pista que vai ao coído. Estrada do faro (Coordenadas: 43°02'35"N 9°17'04”W).
Levarán o material necesario pero, a efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, no info@mardefabula.gal ou no 660242118.