Martes. 30.04.2024
El tiempo

Mimá Truck e ONyVÁ! reinventan a verbena galega

Mima Truck en Muxia
Un día de festa con Mimá Truck o ano pasado en Muxía
Mimá Truck e ONyVÁ! reinventan a verbena galega

Mimá Truck e ONyVÁ! son dúas marcas galegas que apostan polo talento emerxente da terra. O proxecto muxián, que xa percorreu partes da comarca co seu escenario móbil cheo de música galega contemporánea, e o colectivo compostelán unirán este verán as súas forzas para ofrecer un proxecto cultural itinerante onde os protagonistas principais son a artesanía e a verbena.

Mimá ONyVÁ! esperan ser contratados para levar, de marzo a setembro, os seus mercados/verbenas polo país, no que ademais do Truck con banda e Dj emerxentes, para disfrutar da música e da verbena da terriña, levarán o seu mercado de artesanía galega.

Voladoira no Mercado de Fisterra
As mulleres de Voladoira no Mercado de Mullers de ONyVÁ celebrado o ano pasado e Fisterra

Mimá ONyVÁ! trátase dun proxecto maioritariamente femininio, onde as mulleres emprendedoras son as protagonistas formando o 70% do equipo, destinando un 30% das prazas a compañeiros artesáns que tamén queran sumarse.
As actividades que se leven a cabo xirarán entorno ao arte e a xestión emocional a través de talleres de arteterapia para chegar a cativos e adultos e así aprender xogando.

Comentarios