Morre un home na praia de Nemiña
          
    16:27 15/09/10 
            
Enésima morte nas praias da Costa da Morte. Un home falecía afogado  na praia muxiá de Nemiña na tarde ed onte martes 14 de setembro de 2010.  Tratátabase dun veciño de Lugo, duns 50 anos, que pasaba uns días de  vacacións na nosa bisbarra.
Os acompañantes chamaron ao 112, que acodiu inmediatamente á praia pero só puideron cerciorar a súa morte.
Malo  que teñamos que sufrir todas estas perdas pola perigosidade dos areais  da Costa da Morte. Pero veciños e visitantes deben decatarse do perigo  que entraña bañarse nas bravas augas costeiras. Podemos ver na foto por  exemplo, varios bañistas desafiando a mar o mesmo día que atoparon un cadaver na praia de Mar de Fóra.