Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Muxía acolle unha charla sobre a como aforrar na tarifa eléctrica

Muxía acolle unha charla sobre a como aforrar na tarifa eléctrica
Charla en Muxía sobre o aforro na luz

No Concello de Muxía desenvolverase o xoves 21 de febreiro, unha charla informativa sobre como aforrar na factura da luz, vías para reclamar por incidencias nas facturas, como elixir a mellor tarifa eléctrica. Non cabe dúbida que son temas de grande interese para todos os veciños e veciñas da costa polo importante custo que supón a factura da luz nas economías domésticas.

A charla estará a cargo do señor Andrés Breijo Fuentes, especialista na materia e desenvolverase no Salón do Voluntariado, no edificio de Servizos Múltiples de Muxía a partir das 19:30 horas; estará presidida polo Alcalde Félix Porto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios