Muxía coñece máis Camiño
O Concello de Muxía organiza o percorrido do Camiño Xacobeo de Astorga ao Cebreiro. O grupo partirá en autobús o domingo día 4 de decembro dende Muxía ata Astorga e a partir do luns farase a ruta a pé ata O Cebreiro, en cinco etapas.
Pernoctarase en Astorga, o primeiro día antes do camiño , e logo nos días sucesivos en Rabanal del Camino, Molinaseca, Cacabelos e Vega de Valcarce. O venres 9 de decembro, chegarán a O Cebreiro onde serán recollidos polo autobús para volver a Muxía.
Esta ruta forma parte do Programa que o Concello de Muxía desenvolve ano tras ano para dar a coñecer o Camiño entre os veciños do municipio e tamén como actividade para promocionar a ruta xacobea ata Muxía. Para elo ao longo dos últimos anos véñense facendo rutas de diferentes tramos do Camiño. Nesta ocasión aproveitase a ponte da Constitución para facer estas cinco etapas . O grupo de veciños de Muxía ademáis de coñecer o camiño fará tamén un labor de difusión da Ruta Xacobea ata Muxía.
Máis información
Tódalas persoas interesadas en participar nesta ruta poden anotarse xa nas oficinas do Concello, tendo en conta que a inscrición rematará o xoves día 10 de novembro, e que as prazas son limitadas.
O desprazamento en bus ata Astorga, e logo dende O Cebreiro ata Muxía, será a cargo do Concello de Muxía e o aloxamento e xantar corre a cargo das persoas participantes.
Para maior información e reserva de praza debese contactar coas oficinas municipais no teléfono 981 74 20 01.
Novas relacionadas
- Dumbría coida o Camiño.
- O Xadrez volve a Touriñán.
- Os veciños de Zas completa de novo o Camiño.
- Concello de Muxía.