Muxía debate sobre desastres


Esta tarde de venres, 11 de abril, ás 20:30, no salón do voluntariado de Muxía, terá lugar unha mesa de debate na que se abordarán "Os desastres na Costa da Morte", e no marco de dita mesa redonda, se presentará o libro "Lecturas sobre el desastre del Prestige: Contribuciones desde las Ciencias Sociales", do que é editor o profesor Ricardo García Mira da Universidade da Coruña.
A citada publicación supón a compilación da investigación levada a cabo por investigadores recoñecidos das universidades galegas como Xosé Luis Barreiro Rivas, Pablo Meira Cartea da Universidade de Santiago, Maria Dolores Garza Gil, Albino Prada, ou Maria xosé Vázquez da Universidade de Vigo, e Ricardo García Mira, Fernando gonzález Laxe, e Carlos Martínez Buján da Universidade da Coruña. Pero tamén profesores das Unviersidades de Texas, UNAM (Mexico), Surrey (Reino Unido), Barcelona, País Vasco, e outros centros de investigación.Todos eles comparten a abordaxe do impacto que tivo o desastre desde a perspectiva das ciencias sociais (psicoloxía social, socioloxía, educación, economía, dereito, comunicación…).
O presidente do instituto de estudios comarcais da Costa da Morte fará un percorrido polo significado dos desastres ao longo da Cosa da Morte, na medida en que esta parte do territorio galego xa acumula un considerable número de impactos de naufragios, tormentas, etc. derivados unhas veces de causas naturais, pero outras son consecuencias dos nosos estilos de vida.
Na mesa de debate participarán:
- Ricardo García Mira (Director da publicación e autor). Profesor da Universidade da Coruña e Presidente do Instituto de Estudios e Investigación Psicosocial "Xoan Vicente Viqueira" (editorial que promove a publicacion)
- Xosé María Lema Suárez. Presidente do Seminario de Estudios Comarcais da Costa da Morte.
- Félix Porto Serantes. Alcalde de Muxía.
- Francisco González Trillo. Presidente da Asociación Neria.
Novas relacionadas
- Viki Rivadulla: A Barca, a pedra e o futuro.
Fonte
- Concello de Muxía.