Muxía, outro exemplo de circo plenario ás costas da veciñanza

Pleno no Concello de Muxia

 

O pleno de Santa Comba é un dos crispados da zona. Mellor non falarmos do esperpento político que protagonizan os nosos representantes en Ponteceso (chegando a realizar plenos sen concelleirsos). Pero a Costa da Morte tamén ten un foco nos que a carraxe e egolatría impiden que os políticos fagan a súa función: entenderse para sacar proxectos adiante que melloren a vida da cidadanía.

Os paralelismos co caso pontecesán son semellantes: alcalde socialista que consegue maioría absoluta, pero que non consegue manter unido o seu grupo de concelleiros. Co apoio da provincial expulsa aos edís do partido, forma un novo goberno en minoría e pecha as portas ao diálogo, provocando que a oposición forme case que unha forza para desbancalo.

Os últimos episodios demostran a gravidade do asunto, coa posta en perigo mesmo do Plan de Obras e Servizos, aprobado en marzo gracias á abstención da oposición, pero que non foi ratificado pola falta de consenso entre forzas.

Moción ou Diálogo

Se ben o propio alcalde leva deixando caer a posibilidade de que a oposición presente outra moción de censura (de novo como en Ponteceso), a oposición, por agora, “o único que pide é diálogo”.

Así o ratifican estes días a voceira do PP Sandra Vilela, e a voceira dos non adscritos Mónica Vilela, que teñen unha batería de propostas que facer para modificar o Plan presentado polo goberno municipal.

A voceira do PP pide que “o alcalde se sente a negocial coa oposición” para salvar os 600.000€ do POS. “Reiteramos unha vez máis o noso compromiso e a nosa vontade a negociar para chegar chegar a acordos”, afirmou Vilela, quen incidiu no feito de que o señor Toba “non debe esquecerse de que goberna en minoría e necesita de acordos para sacar adiante os seus proxectos”, poñendo de exemplo, precisamenteo que acontece en Ponteceso. “Todo o que non sexa chegar a un acordo será un fracaso do que o alcalde será o único responsable pola súa postura ditatorial”, sentenza.

A representante dos non adscritos denunciou que “o alcalde utilice os medios públicos municipais para facer política”, e recoñeceu a súa “preocupación” porque “o alcalde está creando crispación na xente sen necesidade”. “O que hai que facer é consensuar e falar, como fan outros concellos gobernados tamén polo PSOE na nosa comarca”, propuxo.

Como salvar o POS


O alcalde Iago Toba

Dende o grupo socialista culpan unicamente á oposición de “bloquear” o POS tralo votos en contra do PP e do grupo non adscrito, e a adstención do BNG, a unha modificación presentada onte en pleno polo grupo de goberno. O alcalde empéñase en acusar de “falta de compromiso, de capricho e a pouca altura de miras” á oposición.

Agora o goberno céntrase en ver como salvar o POS, e aseguran manter reunións coa Deputación para intentar desbloquear a situación.

Se cadra, entenderse é a única saída.

Novas relacionadas