Venres. 07.05.2021
El tiempo

Un pleno sen concelleiros en Ponteceso

Pleno sen concelleiros en Ponteceso
Pleno sen concelleiros en Ponteceso
Un pleno sen concelleiros en Ponteceso

O serial de Ponteceso supérase e o guión da realidade parece querer superar ao dunha serie de política municipal. Desta volta onte celebrouse un pleno sen concelleiros da oposición. O alcalde convocárao pola vía de urxencia para tratar unha subvención nominativa ao Concello. Só asistiron o alcalde e as súas dúas concelleiras do grupo de Goberno, mentres que que os grupos de APIN, PP e os 5 edís non adscritos non asistiron.

Raquel Fondo, a voceira dos non adscritos lembra que “X sea lle dixo por activa e por pasiva que non convoque plenos inútiles. Pero que pasa co POS, que aparece e desaparece?”, pregúntase.

Dende o PP explican a súa ausencia con varios puntos: “Temos unha reunión pendiente na Deputación para falar do POS, polo que non vamos a falar mais do POS ata despois da reunión” e insta ao presidente da entidade provincial a dar un paso ante a “oposición maioritaria”. ”Despois de todos os audios non podemos pasar por alto que trapalleiro e manipulador e o señor alcalde”, ao que chama “alcalde de palla”.

Os edís expican que non foron convocados ordinariamente a unha reunión coa Deputación, como aseguraba Carballido nun vídeo retransmitido ao remate do pleno.

Novas relacionadas

comentarios