Xoves. 09.07.2020
El tiempo

Primeira crise no grupo socialista muxián

Imaxe do último Pleno muxián
Imaxe do último Pleno muxián
Primeira crise no grupo socialista muxián

Ao igual que o PSOE de Ponteceso, o grupo de goberno socialista do Concello de Muxía está pasando por unha marexada. O pasado 23 de xuño o alcalde Iago Toba decidía o cese das funcións da primera teniente de alcalde e concelleira de Cultura Mónica Vilela.

Vilela, membro do PSOE dende 2003, e concelleira dende 2011, fora durante a campaña do ano pasado a alternativa a Toba para tomar o relevo de Félix Porto como candidata, pero a comitiva local chegou a un consenso arredor do actual alcalde. Pero “a ilusión inicial e a alegría da vitoria electoral, convertéronse no transcurso destes doce meses nun pesadelo, pesadelo que rematou o 23 de xuño, data na que o alcalde, de xeito unilateral, como é a súa costume, me cesa de todas as miñas funcións, sen atender a ningún tipo de razón ou explicación”, denuncia a edila, que continuará no pleno “sen cobrar”.

Pola súa parte, o rexedor Iago Toba asegura que a concelleira non acodiu a unha reunión da dirección provincial e lamenta que rompese a disciplina de voto durante o pleno dos orzamentos. Ademais asegura que “vai seguir centrado na xestión”, e "pide desculpas ao pobo de Muxía en nome do PSdeG-PSOE polaa lamentable actuación da concelleira”.
Toba lamenta que "a citada concelleira non respete as normas do Partido, enturbie a xestión do goberno municipal e esqueza que o primeiro que hai que defender son os intereses do pobo de Muxía, como fai o alcalde día a día".

Apoio de outros e concelleiros

Pola súa parte, Vilela critica que “nestes 12 meses non mantivo ningunha reunión cos catro concelleiros do grupo que hoxe facemos público o noso descontento”. Así, son os seguintes edís na Lista das municipais (Irma García barcia, Tania Romero e Manuel Caramés) os que apoian á teniente de alcade.

Pon exemplos como o das obras da traída de auga a Suxo, Castelo e Agranzón, tralas que “o único que vemos é que o rexedor o move exclusivamente o ánimo de vinganza, a desconfianza, a desidia sen saber moi ben por que”. Van máis aló os catro edís, e critican “inversións que non son prioritarias que obedecen o absurdo do caciquismo ou a intereses espurios difíciles de explicar”.

comentarios