Sábado. 08.08.2020
El tiempo

Catro edís socialistas piden perdón por “ter posto de Alcalde de Muxía” a Iago Toba

O alcalde de Muxía, Iago Toba nun dos últimos plenos
O alcalde de Muxía, Iago Toba nun dos últimos plenos
Catro edís socialistas piden perdón por “ter posto de Alcalde de Muxía” a Iago Toba

Continúa aberta a crise no grupo socialista muxián despois do bloqueo dos orzamentos. 4 edís do grupo de goberno votaron co PP en contra da disciplina de voto, e o alcalde Iago Toba volvía cargar as tintas sobre eles, pedindo mesmo a retirada da dedicación da edil Mónica Vilela.

Hoxe, en resposta, os catro edís, Irma García barcia, Tania Romero e Manuel Caramés, ademais da propia Vilela, queren enviar un comunicado aos veciños e veciñas de Muxía. No comunicado a mesma Vilela anuncia que renuncia á súa contribución.

Comunicado de 4 edís socialistas socialistas de Muxía

Humildade, transparencia e traballo, tres cualidades das que presume constantemente o Sr. Toba, nos contrariamente entendemos que ninguén debe atribuírse a condición de humilde a si mesmo; precisamente o que acabou cun grupo compacto, unido, durante moitos anos foi a súa falta de humildade, transparencia e sobre todo a súa incapacidade de traballo tanto a nivel individual como grupal.

En ningún momento se rompe a disciplina de voto, o único que se fai e romper ca imposición arbitraria dunha persoa que se amosa como un rapaz consentido que non escoita, que non permite o máis nimio comentario.

Este comportamento infantil, incomprensible, obrigounos a tomar decisións dolorosas e difíciles, e decidimos que o pasado xoves era o punto de inflexión, era o día no que tiñamos que evidenciar o noso desacordo co que ten feito dende hai un ano. Decidimos dicir non a imposición arbitraria duns presupostos que non se falaron con nos, decidimos dicir non a falta de compromisos reais cas persoas, e decidimos dicir non as actitudes soberbias de quen non escoita os seus propios concelleiros, pero tamén decidimos dicir non os comportamentos de quen nun ano logrou romper a unidade dun grupo municipal, dun grupo de amigos e o que máis importante dun pobo, dos cidadáns dun concello no que cabíamos todos e todas e no que a política se utilizaba para unir e non para romper, como sucede nestes momentos.

Quero anunciar que a preocupación que ten vostede de cobrar e non traballar non se vai producir, me comunica o venres 24 que debo abandonar o despacho que ocupaba na casa do Concello, o longo desta semana serei eu quen renuncie o salario, non vai ser vostede o que caprichosamente mo retire, como quería facer, a miña dignidade está por riba da súa incapacidade, soberbia e ineptitude, pero quero agradecer o gesto desinteresado dos que me apoiaron incondicionalmente e me deron a oportunidade de actuar con responsabilidade, coherencia e lealdade os cidadáns deste concello, que son os únicos os que me debo.

Queremos anunciar que non imos permitir que se siga enganando os veciños e veciñas deste concello, queremos poñernos a disposición de todos eles para levar a cabo o prometido e comprometido, arranxar aquelas cuestións que son necesarias no día a día (limpezas dos lugares, arranxos de todo tipo, coidado dos espazos públicos...), e de forma inmediata afrontar as inversións prioritarias que a situación económica permite realizar sen máis dilacións (auga de Suxo, Castelo e Agranzón, do que ten o proxecto dende finais da pasada lexislatura e que incomprensiblemente paralizou, a estrada a Leis, melloras nas vías de comunicación municipal, pistas de acceso a lugares e camiños interiores...).

Queremos evitar imaxes como as que estamos a ver constantemente de abandonos de infraestruturas e servicios básicos, desatendidas continuamente, vergoñenta a situación do colexio dos Muiños, por exemplo, que facía publica a dirección do propio centro, entre outras moitas, e que reciben a calada por resposta. Queremos por tanto, pedir desculpas, si pedir desculpas pola desidia por parte de quen non ten capacidade de traballo, nin sequera de encaixar a máis mínima crítica construtiva e que acostuma a dar resposta ca vinganza e o insulto.

Polo tanto; perdón, por ter posto de Alcalde de Muxía, a quen ten sobradamente demostrado que non o merecía e que non foi digno de ostentar dito cargo.

  • Firmado por Mónica Vilela, Irma García barcia, Tania Romero e Manuel Caramés.

Novas relacionadas

comentarios