Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Muxía intentará, "dentro da lei" contratar as obras municipais a empresas do Concello

Reunión con empresas - Muxía
Muxía intentará, "dentro da lei" contratar as obras municipais a empresas do Concello

Este pasado mércores o novo goberno muxián reunise cos responsables das empresas contratadas para realizar multitude de obras e melloras no termo municipal. Unha reunión para dar conta da intención do goberno de fomentar a contratación con empresas do concello, “dentro do que a lei permite”, e con elo e emprego local.

Nos vindeiros días comezarán os traballos de acondicionamento de vías e melloras das instalacións municipais que terán unha inversión que rondará o medio millón de euros. no marco dun plan de obras presentado en maio por 2,5 millons.

Poranse en marcha obras como a rehabilitación da sala multicultural de Muxía, as áreas recreativas e as melloras de instalacións municipais, ou obras de Moreira, Touriñán e Francia (Os Muiños) que xa estaban adxudicadas con anterioridade.

Ademais, as empresas coñeceron de primeira man a licitación aberta para a recontrucción do centro sociocultural de Os muiños, a reconstrucción da área recreativa de Ponteconstante, a recuperación da Fonte histórica de Chorente e as obras de Moreira, Touriñan e Francia (os Muiños). E pronto sairá a licitación das aceras de Quintáns e os Muiños, por valor de 300.000€.

Comentarios