Domingo. 22.09.2019
El tiempo

Muxía percorre a Ruta Abentina

Muxía percorre a Ruta Abentina

Interesante proposta cultural do Concello de Muxía. Da man da Fundación López Abente, poderemos coñecer os recantos máis queridos do poeta muxián.

A Ruta Abentina prantexada para este sábado 4 de agosto, partirá ás 11:00h do Monumento ao seu nome, e fará un percorrido pola vila con lectura de poemas e paradas en lugares relacionados coa via e obra do poeta.

E serán grandes persoeiros da zona os que reciten e recuperen historias de Abente. Xan Fernández Carrera, autor da ruta e patrón da Fundación será un dos que intervirá, xunto a X. H. Rivadulla Corcón, vicepresidente da mesma. Pero tamén farán lecturas poetas de toda a zona como Serxio Iglesias (como botamos de menos as súas historias nómades), Rosalía Fdez. Rial, Xosé Manuel Varela (outro colaborador desta casa ao que tamén botamos de menos), Mª Carmen Sambad Lema, Miguel Vázquez Freire, Dolores Canosa ou Xaime Trillo.

Inscrición

Podes inscribirte no 661 925 367, no correo [email protected] ou no Concello preguntando por Viki Rivadulla.

Outlet de libros

Ademais, e seguindo na liña cultural, a praza do Cabo da Vila muxiá acolle toda esta fin de semana de 3, 4 e 5 de xullo o 1º Outlet de libros de Muxía. Haberá un expres literario.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios