Muxía perde a Yoshiro

09:19 18/07/16

Perdía onte Muxía un veciño senlleiro. Yoshiro Tachibana falecía aos 75 anos despois dunha temporada con problemas de saúde. O pintor xaponés deixa unha débeda infinita na Costa da Morte, tras máis de 40 anos de vida e produción cultural na vila muxiá.
Yoshiro, ademais de aprender do seu pai, tamén pintor, interésase por Cezanne, Gogh, Matisse ou Rouault, pero sobre todo a Paul Klee. Xa se interesa pola cultura flamenca na súa mocidade, pero nunha viaxe a España namora da nosa terra, e pouco despois, en 1974, chega a Muxía e decide instalarse na Costa da Morte.
Despois de andar tempo e tempo, Yoshiro, Nino para os amigos muxiáns, deixa orfo o seu mar, o que o trouxo a este lugar, como conta así nesta reportaxe:

Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).