Muxía perfila o Mercado das Rutas do Mar e a I Feira de Oportunidades

10:05 13/06/11

O Concello de Muxía xa ten data para o V Mercado das Rutas do Mar. A cita será os días 27 e 28 de agosto de 2011. A vila enagalanarase de redes, nasas e cheiro a mar, para converter Muxía nunha vila mariñeira de varios séculos atrás.
Así, o Concello abrirá un prazo, entre os días 15 a 29 de xullo, para todas as persoas que queiran formar parte da organización, ter un posto...
I Feira de Oportunidades
Antes, os días 16, 17 e 18 de xullo, terá lugar a I Feira de Oportunidades en Muxía. Tódolos comerciantes interesados en participar poden anotarse no Concello antes do 30 deste mes de xuño. Poden descargar a folla de inscrición e entregala no Concello.
Novas relacionadas
- Mercado 2010: Un Mercado Mariñeiro feito na casa.
- Mercado 2008: O pobo foi a alma do Mercado das Rutas do Mar de Muxía.