Martes. 30.04.2024
El tiempo

Muxía prepara os seus pinchos e Moraime a súa festa de entroido

Muxía prepara os seus pinchos e Moraime a súa festa de entroido

A Ruta dos Pinchos será o grande reclamo do Entroido muxián. Pero por Moraime tamén terán cita o sábado no lugar da Paluxa.

Ruta dos Pinchos

As dúas fins de semana vindeiras, 12 establecimentos da vila da Barca participarán da degustación (que non concurso) de pinchos que terán como base produtos típicos de Entroido.

Os que se animen a degustar os pinchos, poderan optar a un lote de produtos gastronómicos de entroido (lacón, grelos, cachola, chourizos,….). Iso si, deberán percorrer, alo menos, 10 dos bares participantes.

O horario dos pinchos nos bares participantes será pola mañás de 13:00h a 15: 30h.

Os establecimentos participantes da ruta dos pinchos don O Porto, O Prestige, El Riojano, Don Quijote, O Coral, Dorna, Wimpe, O COrdobés, a Vinoteca Lorena, o MIramar, a Casa dos congros, e O Xardín, vencedor do I Concurso de Tapa Muxiá, cunha esquisita crepe.

Festa en Moraime

O vindeiro sábado, 5 de marzo, a Comisión de Festas do Carme de Moraime (Muxía) organiza unha gran festa de Entroido no lugar da Paluxa (Os Muíños).
A festa comezará ás 4 da tarde co seguinte programa:

  • De 4 a 6 da tarde tradicional Galo á pita cega.
  • A partir das 6 xogos tradicionais para os nenos: Carreira de sacos, Xogo do ovo, Xogo da mazá, Outros xogos….

A partir das 7 da tarde Gran churrascada e filloas (para recaudar fondos para a Festa do Carme de Moraime). E a Fin de Festa con verbena popular coa actuación dun grupo musical.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios