Venres. 19.04.2024
El tiempo

Muxía prepárase para o primeiro autocine da Costa da Morte

Reunión Goberno e Policia Local de Muxía
Goberno e Policia Local de Muxía preparan o dispositivo do Autocine
Muxía prepárase para o primeiro autocine da Costa da Morte

Este sábado 14 de novembro é un día moi especial en Muxía. O primeiro Autocine da Costa da Morte, o prato estrela do Programa Cultural de Outono, terá a súa primeira sesión coa proxección de Bohemian Rapsodie, que conta a historia da banda Queen. A cita, ás 20:00 horas no Porto.

En apenas día e medio xa hai 50 anotados, polo que o dispositivo que coordinará a Policía Local e Protección Civil será importante, como acordaron nunha reunión co alcalde, Iago Toba, e a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch. “A actividade é cen por cen segura”, aseguran.

O Concello aproveitará a cita para estrar a campaña de promoción da compra no comercio local, coa proxección de varios anuncios ademais de promoción da nosa terra.

Sobre os aspectos técnicos, o audio irá a través da frecuencia da radio do coche, abendo unhas instruccións que sairán na pantalla unha vez esten os coches estacionados.

A apertura de portas, para garantir a correcta colocación e visibilidade de todas as persoas asistentes, será unha hora antes, ás 19:00 horas.

 

Comentarios