Venres. 26.04.2024
El tiempo

Muxía presenta a súa programación de Nadal

Muxía presenta a súa programación de Nadal
muxia-programacion-nadal-2016 A programación de Nadal de Muxía arranca este sábado, día 17, co espectáculo Hocus Pocus do mago Paco. O acto, que está dirixido a todos os públicos, comeza ás 18 horas no salón de actos do Voluntariado. Xa os días 21 e 22 de decembro, terán lugar os obradoiros de kamishibai - teatro de papel - para os maiores de 8 anos. Para participar nesta actividade (que comeza ás 17 horas) é necesario anotarse previamente na biblioteca o no número de teléfono 981 74 24 63. Tamén o día 22 ás 20:30 horas, inagurarase a mostra colectiva de pintura Miradas V no centro social da vila situado na planta baixa do edificio de Servizos Múltiples. nadal-muxia O salón do Voluntariado acolle o día 23 a visita de Papá Noel que chegará ás 12 horas. Xa pola tarde, ás 17:30 horas, Fanfarra Títeres interpretará o seu espectáculo "O soñador de historias". A programación regresa o 5 de xaneiro coa Cabalgata de Reis que fará un percorrido polas distintas parroquias do municipio e rematará no pavillón onde haberá inchables. A programación remata o día 7 de xaneiro cun concerto de corais. A función, organizada pola coral Virxe da Barca comeza ás 19 horas no salón de actos do Voluntariado. Fonte  

Comentarios