![capilla-virxe-barca]()
En concreto, acondicionaránse varias rúas nos lugares de Quintáns, Cibrán e no núcleo de Muxía. Así o anunciaba a
Deputación da Coruña que é quen asume en solitario o 100% do custo das obras.
No lugar de
Quintáns substituirase o pavimento deteriorado e mellorarán o as instalacións do saneamento de augas residuais e pluviais. No lugar de
Cibrán renovarán unha rúa interior con pavimento continuo de formigón.
Xa no núcleo de Muxía, concretamente na
rúa Virxe da Barca, executarase unha nova calzada con lousas de formigón.