Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Muxía recibe a exposición de Xurxo Lobato sobre os Camiños de Carlos Casares

Expo Casares Xurxo Lobato Muxia
Muxía recibe a exposición de Xurxo Lobato sobre os Camiños de Carlos Casares

O Multiusos da Camposa acolle este venres 16 de setembro, ás 19:00h, a exposición “Os Camiños de Carlos Casares”. Unha exposición de imaxes do fotógrafo coruñés Xurxo Lobato que nace como homenaxe persoal do fotógrafo coruñés ao escritor ourensán.

Xa ten pasado por Mazaricos e Corcubión e agora faino en Muxía, da man do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, e a Fundación Carlos Casares.

A exposición, que recolle 40 imaxes en formato de gran tamaño, está destinada a todos os públicos, e poderá visitarse ata o día 30 de setembro, de mércores a venres, en horario de mañá: de 11:00 a 15:00 horas, e de tarde de 16:00 a 17:30 horas.

Comentarios