Muxía recibirá en Touriñán ao heroe dos “3.600 Kms. Solidarios”
Muxía recibirá o vindeiro xoves, día 23, no faro Touriñán ao atleta Alfredo Corralero, protagonista do gran reto “3.600 Kms. Solidarios”, que promueve a Fundación Dr. Iván Mañero, a favor dos máis pobres de Guinea-Bissau.
Á iniciativa promovida pola asociación Muxía Turismo Rural sumáronse o Concello de Muxía, a asociación xuvenil local Comarea, así como o representante comarcal de Iberdrola, Jesús Picallo. O corredor está previsto que chegue sobre a unha da tarde á praia de Nemiña, onde se sumarán á marcha un grupo de persoas do colectivo Comarea e outros voluntarios, para facer co atleta os últimos quilómetros ata o faro Touriñán. Todos eles portarán unha camiseta conmemorativa, confeccionada para a ocasión polo Concello muxián. E se queres participar podes anotarte enviando un correo a [email protected].
A recepción oficial a Alfredo Corralero está prevista para as dúas da tarde, no propio faro Touriñán, onde estará unha comitiva municipal, os directivos de Muxía Turismo Rural, ademais de todas as persoas que libremente quéiranse sumar ao evento. O representante de Iberdrola, Jesús Picallo, faralle entrega dun talón, apadriñando así un tramo da marcha.
Pola súa banda, os establecementos de Muxía Turismo Rural poñerán as súas instalacións a disposición do equipo da marcha para as comidas, ceas e aloxamento. Así mesmo, ao coincidir coa noite máxica do San Xoán, sobre as once e media da noite será celebrada unha queimada no incomparable marco da salvaxe praia de Nemiña.
Alfredo Corralero partiu o pasado día uno deste mes de Tarifa, para chegar o 23 a Cabo Touriñán. De aí partirá cara a Estaca de Bares, para seguidamente tomar rumbo a Cap de Creus. Unirá, desta forma, os catro puntos cardinales máis distantes de España. O motivo, conseguir fondos para a construción dun centro de saúde básico nunha zona de Guinea-Bissau.
Como aportar
Neste sentido, os que queiran aportar aínda o seu gran de area, poden facelo, ata o próximo día 29 deste mes, a través da Escapada Solidaria, que pode verse en www.muxiaturismorural.com.
Novas relacionadas
Fonte
- Muxía Natural.