Venres. 19.04.2024
El tiempo

Muxía recuperou á Rosalía de Castro máis libre

Muxía recuperou á Rosalía de Castro máis libre
Manuel Vilar, Rivadulla Corcón e Anxo Angueira falando sobre Rosalía-Foto: www.lopezabente.org

Este pasado sábado dende a Fundación López Abente xunto á Fundación Rosalía de Castro, renderon sentida homenaxe a poeta galega para celebrar os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos.

Uns emotivos actos que serviron para lembrar aqueles días nos que aos seus 16 anos Rosalía entrou a cabalo, sen homes ás súas costas, na vila de Pondal. Unha chegada que logo representou nun dos poemas de lendaria obra, sobre como ela quedou prendada das mulleres pontecesás. Sobre todas estas cousas falaron na conferencias tanto Manuel Vilar, incansable investigador que falou da Muxía daqueles tempos, como Anxo Angueira, que falou sobre a liberdade da escritora.

Pero houbo máis cousas na sesión de homenaxe. Os actos comezaron coa colocación da placa conmemorativa por parte dos presidentes das Fundacións no lugar onde estaba a casa na que Rosalía se aloxou. Unha placa que polo de pronto quea situada de xeito provisional xa que o edificio está en plenas obras. Ademais, os pequenos muxiáns, presentados por Viki Rivadulla, leron varios poemas, e Antono Paz, propietario dun local no mesmo edificio recibiu un pergamiño para colocalo dentro.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios