Martes. 08.10.2024
El tiempo

Muxía volveu ás súas mariñeiras no salgado Mercado das Rutas do Mar

Muxía volveu ás súas mariñeiras no salgado Mercado das Rutas do Mar
Mercado das Rutas do Mar de Muxia-Foto-Rafa QUintans 2 Rúas ateigadas no Mercado das Rutas do Mar de Muxia-Foto-Rafa QUintans

Fermosa fin de semana a que pasou a vila de Muxía. A 12ª edición do Mercado das Rutas do Mar levou de viaxe no tempo á vila da Barca, ata aqueles tempos mariñeiros dos séculos pasados. Unha ollada precisamente a esa identidade muxiá tan vencellada ao seu mar, á que responden os seus veciños con orgullo.

Así, son os veciños os grande protagonistas da festa, ven sexa engalanando cada recuncho da vila con redes, nasas, aparellos…. ben sexa colaborando na organización, ou ben sexa disfrutando ao máximo desta festa singular.

Unha festa que une a música, o baile, a diversión, a alegría, a historia, e como non, a gastronomía, como o demostraron esa case media tonelada de peixe espada que se degustou durante un domingo, no que nin a pequena chuvia do mediodía, empañou a fermosa festa. Por haber, este ano houbo ata fuegos de artificio (moi mariñeiros, claro) para poñer o broche de ouro a unha edición que abría un mariñeiro, o pregoeiro José Manuel Carballo no Cabo da Vila.

O barco un dos simbolos do Mercado das Rutas do Mar de Muxia-Foto-Rafa QUintans O barco un dos símbolos do Mercado das Rutas do Mar de Muxia-Foto-Rafa Quintáns Foto de Rafa Quintáns dunha das atraccións Foto de Rafa Quintáns dunha das atraccións Ata fogos de artificio no Mercado das Rutas do Mar de Muxia-Foto-Rafa QUintans Ata fogos de artificio no Mercado das Rutas do Mar de Muxia-Foto-Rafa QUintans Peixe espada no Mercado das Rutas do Mar de Muxia-Foto-Rafa QUintans Peixe espada no Mercado das Rutas do Mar de Muxia-Foto-Rafa QUintans Voluntarios colaborando no Mercado das Rutas do Mar de Muxia-Foto-Rafa QUintans Voluntarios colaborando no Mercado das Rutas do Mar de Muxia-Foto-Rafa QUintans Voluntarios colaborando no Mercado das Rutas do Mar de Muxia-Foto-Rafa QUintans Voluntarios de Protección Civil colaborando no Mercado das Rutas do Mar de Muxia-Foto-Rafa QUintans Voluntarios colaborando no Mercado das Rutas do Mar de Muxia-Foto-Rafa QUintans

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/muxia-engalanouse-de-mar/

Comentarios