Venres. 29.03.2024
El tiempo

A nova ponte de Vaosilveiro

Así é a nova ponte de Vaosilveiro
Así é a nova ponte de Vaosilveiro
A nova ponte de Vaosilveiro

 Facía falta, non cabe dúbida. Pero facía falta unha ponte tan enorme? A Ponte de Vaosilveiro xa leva algo máis dun mes rematada. Os milleiros de peregrinos que percorren o treito Muxía-Fisterra ou Fisterra-Muxía xa non teñen que mollarse ata os xeonllos. Pero o impacto desta ponte de pedra fai tamén reflexionar. I é que falamos dun lugar ben pequeno.

O paso do río Castro polo lugar de Vaosilveiro deixaba unha estampa ben curiosa, con esas pedras sumerxidas, que facían farto complicado cruzala (non digamos en bici...). Había que facer algo, pero que? Os veciños da zona xa tiveran demandado unha ponte para poder meter o tractor por aí e aforrar camiño. No lado oposto, os amantes do lugar e da natureza solicitaban unha pasarela de madeira moito máis integrada. 

Unha partida de 310.000€ de orzamento, varios anos de retrasos (prantexábase como necesidade para o Xacobeo e acaba de ser rematado...) Polo menos, os peregrinos xa non se teñen que xogar a vida co anterior sistema (agora a carón da nova ponte).

POnte de Vaosilveiro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios