Novo e tenso rescate de dous pescadores no mar da Punta da Buitra
- Unha vimiancesa pasou media hora no mar tragando auga e sufrindo as batidas do mar contra as rochas, antes de ser salvada por Brais, un veciño de Camariñas que se erixiu nun auténtico heroe
- Pouco despois unha familia era arrastrada por unha ola na Punta da Barca
Volveu pasar, e xa é a quinta vez que acontece este verán no mar de Muxía, concretamente na zona da Punta da Buitra.
Esta mañá de mércores 28 de agosto, tres pescadores se atopaban na zona. Nun momento da mañá, un dos pescadores, natural de Vimianzo, caía ao mar. Os seus compañeiros, outra vimiancesa e un veciño de Camariñas, intentaron sacalo da auga, cando a muller tamén caía ao mar.
O pescador camariñán conseguíu sacar ao pescador que caera primeiro, que rapidamente subiu ao coche para alertar ao 112. Mentres a rapaza era levada polo mar, uns 200 metros abaixo pola costa, tragando bastante auga, e co mar golpeándoa coas rochas. Momentos de gran tensión viviron os tres protagonistas, mentres o camariñán a ía vixiando polas rochas, ata que nun punto conseguíu sacala para as pedras, para unha zona segura onde non chegaba o mar.
Nese momento chegou o Policía Local, Manel Blanco, que realizou varios exercicios de reanimación, e solicitou a Salvamento Marítimo que enviase o Helicóptero Helimer, pois debido aos fortes golpes ía ser moi complicado saír polo seu propio pé.
Un anaco despois realizouse o rescate por aire e o Helimer traslado á ferida ata o Aeroporto de Alvedro e de aí en ambulancia ata o CHUAC.
”Volveron a nacer”, recoñecía o propio Manel.
Irresponsabilidade na Punta da Barca
Pouco tempo tiveron as forzas de seguridade, nomeadamente a Policía Local, pois apenas un rato despois unha familia de turistas, naturais de Zaragoza, eran arrastrados por unha ola cando se achegaron, demasiado, ao mar, nas pedras da Barca.
Conseguían saír polo seu propio pé pero ademais do susto levaron boas rozaduras, hematomas… Pronto chegou a Policía Local, avisada por un veciño, que alerto ao 112 e pediu unha ambulancia, que trasladou á familia (as fillas eran de 13 e 19 anos) ata o Centro de Saúde para realizar as curas.
"Lamentablemente estas imprudencias son algo habitual. Todos os días que pasamos por aí temos que avisar a xente, porque sempre fai esas imprudencias querendo sacar a foto case que dende o mar", recoñece o propio Manel López, que
Novas relacionadas
- 07-08-19: Outro pescador tivo que ser rescatado dunha zona rochosa da Punta da Buitra.
- 31-07-19: Rescatado un home nunha furna de Muxía.
- Xuño 19: Prot. Civil, Policía Local e tres pescadores salvan a vida doutro que caera ao mar en Muxía.
- Maio 19: Un percebeiro tivo que ser rescatado en Muxía tras mancarse nun pé.